Sunday 19 de May de 2024

Camariñas cancela o cobro das taxas das terrazas ata a próxima primavera


O Concello e a Asociación de Empresarios solicitarán a Portos que faga o mesmo coas taxas que lle corresponden.
O Concello de Camariñas anunciou onte en Xunta de Portavoces que
cancelará o cobro das taxas municipais para as terrazas. A alcaldesa,
Sandra Insua, explicou que “este é un primeiro paso para axudar aos
hostaleiros a minimizar as perdas que está a supoñer para eles a
declaración do Estado de Alarma”.
Estas taxas estarán canceladas previsiblemente ata a próxima primavera,
momento no que se estudiará a idoneidade ou non de continuar aplicando
esta exención.
Paralelamente, o Concello e a Asociación de Empresarios enviarán un
escrito conxunto solicitándolle a Portos de Galicia que faga o mesmo coas
taxas deste tipo que son da súa competencia “e que en Camariñas son
moitas”, destacou a alcaldesa.
Por último, a rexedora precisou que “esta é só a primeira acción de todas as
que vamos a levar a cabo para apoiar ás nosas empresas e autónomos, aos
que destinaremos diferentes liñas de axuda que se incluirán no Plan de
Reactivación Económica que están a deseñar os ADL”.